|
D. Fernando Blanco de Lema |
|
O s. XIX tamén traerá unha intensificación do fenómeno migratorio empezando a coller forza a emigración a América, especialmente a Cuba, quedando Arxentina nun segundo plano de momento. En Cuba precisamente faría a súa fortuna D. Fernando Blanco de Lema, gran benefactor da súa vila natal e que trala súa morte na Habana en 1875 deixará unha cuantiosa fortuna para a construcción dun colexio de primeira e segunda ensinanza que foi no seu momento un dos mellores centros educativos de toda Galicia. |